CITAÇÃO
Um dos problemas da tradução do português para o castelhano é, sem dúvida, o dos chamados ‘falsos amigos’. Desta vez, chamamos a atenção para um estudo da professora Dolores Vilavedra, da Universidade de Santiago de Compostela e responsável pela edição castelhano da obra completa do escritor António Lobo Antunes. Nesse estudo, assinalado a seguir, Dolores Vilavedra apresenta alguns casos de ‘falsos amigos’. A autora sustenta que o conhecimento do galego permite a sua tradução de uma forma mais correcta.
(...)
- As MANCHAS DE BOLOR non son MANCHAS DE COLOR senón de BALOR, termo galego (polo tanto, de moho en castelán).
- A confusión de VIRA (presente de "virar") con VIRA (mais-que-perfeito de indicativo de "ver") é unha confusión menos probable para un galego, afeito á homofonía entre certas formas de ambos verbos, que tamén existen no seu idioma.
- ENXOTAR non é AZOTAR senón o que en galego entendemos por AXOTAR (polo tanto, ahuyentar en castelán).
- AS MIÑAS MANS LADO A LADO NO COLO non converten o personaxe nun potencial asasino, como se podería deducir desas mans que o primeiro traductor colocou EN EL CUELLO, senón no COLO galego (ou sexa, no regazo en castelán).
- Algo parecido acontece con O CANAL DAS COSTAS (en "a água deslizava ao comprido do canal das costas"). A sofisticación anatómica que implica unha traducción como EL CANAL DE LAS COSTILLAS simplificase cando pasamos pala galego COSTAS (espalda en castelán).
- Un ALPENDRE raramente será unha GALERÍA para un galego, que buscará no castelán alternativas como porche, cobertizo, etc. máis achegadas ó concepto que nós temos do que tamén en galego é un alpendre.
- E ante unhas PATACAS GRELADAS un traductor galego nunca pensaría nunha hipotética variante de PATATAS ASADAS (que é no que as converteu o primeiro traductor) senón en PATATAS GERMINADAS, RANCIAS que é o que son as patacas greladas galegas.
- UMA VILA À BEIRA MAR é unha expresión practicamente galega. Polo tanto, para un traductor galego a versión castelá nunca sería A LA VERA DEL MAR (esta foi a escolla primeira), unha expresión pouco usual e polo tanto moi marcada diatopicamente, ademais de ambigua (pois pode significar simplemente "junto a"), senón que será sustituída por A LA ORILLA DEL MAR, que é como se traduciría tamén a expresión galega "unha vila na beiramar".
- Algo semellante acontece con LEVANTA-SE A CHORAR AOS GRITOS PELA CRIADA. Se para o traductor non galego a criada é a culpable do pranto do suxeito, comose desprende da frase CLAMANDO A GRITOS POR CULPA DE LA CRIADA, o traductor galego detecta de inmediato que a criada é o suxeito chamado, formulado cunha expresión idéntica á galega: "chorar ou chamar por alguén", de xeito que a versión castelá definitiva pasa a ser LLAMANDO A GRITOS A LA CRIADA.
(...)
Dolores Vilavedra, “Galego, Portugués e Castelán. Unha interacción productiva”, in Maria Helena Mira Mateus (Coord.), Mais Línguas, Mais Europa: celebrar a diversidade linguística e cultural da Europa, Lisboa, Edições Colibri, 2001, pp. 58-59
|